FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

28/1/26

FESTA ENTROIDO ANPA CEIP ILLA VERDE-VENRES 27 DE FEBREIRO

 Estimadas familias:

Dende a xunta directiva da ANPA do CEIP Illa verde dámosvos a benvida no ano 2026. Aproveitamos  tamén informar que a festa de entroido será venres 27 de Febreiro pola tarde na discoteca "Exágono" en Lugo a partir das 17:30.

Este ano a festa do entroido é nunha data tan tardía debido a que a discoteca está en obras ata xusto as vacacións de entroido.

O alumnado de sexto será o encargado do mercado de entroido onde atoparedes comida e artesanía. O diñeiro recadado destínase a viaxe de fin de curso.

Como ben sabedes a festa será organizada pola ANPA e contará con animación musical cun DJ (Disc Jockey) e mercadiño a cargo do alumnado de 6º de primaria. 

A temática para disfrazarse será o teu grupo musical ou artista preferido. Pero se o/a voso/a  neno/a prefire outro disfraz, pois por suposto pode disfrazarse do que queira.

Como a discoteca ten un aforo limitado teredes que anotarvos no seguinte enlace https://forms.gle/UThK9YUXAivNYYKT7 , ata o Xoves 12 de febreiro, dado como xa sabedes o aforo é limitado soamente poden asistir membros da familia, xa que as entradas serán nominativas.

Se a demanda de entradas supera ao aforo, terán preferencia as familias socias.

IMPORTANTE!!! Esta festa é gratuita para as familias socias. As familias non socias pagarán 5€ por entrada, 

Animádevos a facer coreografías en grupo (nenas e nenos ou familias completas) usando música non discriminatoria, podedes apuntarvos no recadro que hai ao final e entregarllo ao voso titor ata o Xoves 12 de febreiro, atención entregalos datos soamente unha vez por cada grupo!!

Animádevos a participar na festa do entroido 2026!

 Saúdos dende a ANPA do CEIP Illa Verde

Curso ou cursos e número de integrantes



Título da canción



Nome do artista ou grupo musical



Nome artístico do voso grupo




21/12/25

Cantos de nadal 2025

 

Os nenas/os do CEIP Illa Verde de 4º e 5º de educación primaria cantaron o cantos de nadal polo barrio de Fingoi e Augas Férreas, onde visitaron entre outros sitios, o mercado de Fingoi, COGAMI, CEE Santa Maria, Centros de día, gardería, CIFP As Mercedes, pero antes tiveron moito traballo con clases teóricas e ensaios coa monitora Azucena Pérez. A verdade é que o fixeron moi ben!!

 





 Esta actividade foi cofinanciada pola área de cultura da Deputación Provincial de Lugo.


10/12/25

RECORDATORIO! HOXE!! FESTA DE NADAL DA ANPA DO CEIP ILLA VERDE

 

 Bo día! Lembramos que esta tarde celebraremos a festa de Nadal do noso colexio.

 Esperámosvos!!!

Aproveitamos para dar os parabéns a Valeria Castro de 5º de E.Infantil polo seu debuxo!!



2/12/25

FESTA DE NADAL-MÉRCORES 10 DE DECMBRO-AUDITORIO GUSTAVO FREIRE


Benqueridas Familias

A festa de Nadal será o mércores 10 de decembro ás 17:00 h. no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, e rematará ás 19:30 h.

O programa da festa require deste espazo para garantir unha temperatura axeitada e poder desfrutar das actuacións que temos programadas.

Programa completo de actos:

17:00 h apertura de portas e comezo do mercadiño de Nadal a cargo do alumnado de sexto de primaria, nel poderedes mercar agasallos de artesanía, libros de segunda man, xoguetes e mais cousas.

As 17:30 h abrirase o acceso á sala de butacas, co fin de desfrutar das actuacións dos alumnos e alumnas que participan nas seguintes actividades:

  • Coro de nais e pais

  • Teatro

  • Baile moderno de primaria (Grupo extraescolar baile moderno Venres)

  • Actuación do grupo de ximnasia rítmica I

  • Actuación do grupo de ximnasia rítmica II

  • Cantos de nadal nen@s de 4º e 5º de primaria do CEIP Illa Verde

  • Actuación de baile galego

  • Sorteo de agasallos organizado polas nenas e nenos da excursión de sexto

  • Maxia

O auditorio ten un aforo de 800 prazas, polo que vos pedimos que cumprimentedes a petición de entradas neste formulario online,

https://forms.gle/3wj9tHAgKXGNuBG68 sinalando o número de entradas que se precisan para nenos e para adultos. Sinalar que as nenas e nenos que actúen tamén necesitan entrada.

FAMILIAS SOCIAS DA ANPA: Esta actividade é gratuíta para as familias socias da ANPA.

FAMILIAS NON SOCIAS DA ANPA: Esta actividade é gratuíta para as/os nenas/os do CEIP Illa Verde, neste caso soamente pagarán os adultos e as/os nenas/os que non pertenzan ao CEIP Illa Verde, neste caso a actividade ten un custe de 2€ por persoa (As/os nen@s menores de 3 anos non pagan), o pago farase nas taquillas do auditorio.

O prazo límite para anotarse será o 7/12/2025.

Así mesmo, non debemos esquecer que a festa celébrase nun espazo público, nun espazo de todos e que debemos contribuír co noso esforzo e atención a coidalo e mantelo limpo.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración e un saúdo da xunta directiva da ANPA do CEIP Illa Verde.


22/11/25

Charla sobre Bulling o venres 28 de novembro de 2025 subvencionada pola Concelleria de Educación e Difusión do coñecemento

 O venres 28 de novembro ás 19:30, terá lugar a charla sobre "BULLING PREVENCIÓN" no CEIP Illa Verde impartida pola psicopedagoga e orientador escolar Mercedes Fernández.7

Actividade subvencionada pola Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo 





16/11/25

Visita á granxa Sen Máis-As Vacas da Ulloa

 

As nenas e nenos do CEIP Illa Verde de 4º de Educación Primaria visitaron o martes 11/11/2025 as instalacións da granxa Sen Máis-As Vacas da Ulloa en Palas de Rei subvencionado pola área de medio rural e do mar e da mocidade da Deputación Provincial de Lugo no programa "da ESCOLA á GRANXA".

A granxa Sen Máis-As Vacas da Ulloa é un proxecto de emprendemento rural arraigado na constancia e vontade das dúas socias mozas ao fronte da sociedade. A elaboración dos seus produtos procede das súas respectivas granxas de leite ecolóxico con vacas de raza parda alpina e frisona. As tarefas son levadas dun xeito tradicional, porén a finalidade última é xerar o maior valor engadido do leite producido de excepcional calidade e propiedades organolépticas.

Teñen un taller integrado nas instalacións da granxa para producir iogur e leite pasteurizado, e tamén producen cosmética ecolóxica galega cunha base de leite cru de vaca acabado de muxir.

As nenas e nenos pasárono moi ben  e fixeron un roteiro informativo polos distintos espazos de traballo do proxecto para aproximar aos escolares ás características do modelo produtivo e tamén un taller relacionado co leite e a súa transformación. I+D+I no rural cunha mirada á valorización das producións gandeiras.





 




Patios coeducativos subvencionados pola Área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo

Foi realizado o pintado de actividades de chan nos patios de infantil e primaria subvencionada pola Área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo. Estes xogos de chan foron deseñados e executados pola deseñadora Azucena Pérez Souto. Estes patios coeducativos teñen obxectivo fundamental salientar a importancia de continuar traballando por unha coeducación plena e activa. Para iso, debemos orientar, estruturar e actuar no momento do recreo para que non se creen roles de xénero do xogo.



8/11/25

Visita a Daveiga-Galletas mariñeiras

 

 As nenas e nenos do CEIP Illa Verde de 4º de Educación Primaria visitaron o martes 4/11/2025 as instalacións de Daveiga-Galletas mariñeiras subvencionado pola área de medio rural, do mar e da mocidade da Deputación Provincial de Lugo no programa "da ESCOLA á GRANXA".

Galletas Daveiga é unha empresa de economía social para a elaboración de tostas de pan “MARIÑEIRAS”, que son unha adaptación moderna do pan seco que utilizaban os mariñeiros desde o século XV, unha solución moi antiga dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas de forma natural.
As nenas e nenos pasárono moi ben  e visitaron o obradoiro, para ver o proceso de elaboración das Galletas Mariñeiras e explicaronlles aspectos do proxecto como Economía Social, Desenvolvemento Rural, Economía Circular (aproveitamento auga da chuvia, acumulación enerxética, aproveitamento de residuos orgánicos, etc).
E levaron un agasalllo dun lote de mariñeiras por cada nena e neno participante.



 



Magosto 2025

 

O 7 de novembro as nenas e nenos CEIP Illa verde celebraron o magosto, cantaron e fixeron xogos relacionados co magosto co obradoiro de música tradicional Troupelear con por Branca Villares e Manuel Vázquez. E pasárono moi ben todos!









Esta actividade foi cofinanciada pola área de cultura da Deputación Provincial de Lugo