Estimadas familias:
Dende a xunta directiva da ANPA do CEIP Illa verde dámosvos a benvida no ano 2026. Aproveitamos tamén informar que a festa de entroido será venres 27 de Febreiro pola tarde na discoteca "Exágono" en Lugo a partir das 17:30.
Este ano a festa do entroido é nunha data tan tardía debido a que a discoteca está en obras ata xusto as vacacións de entroido.
O alumnado de sexto será o encargado do mercado de entroido onde atoparedes comida e artesanía. O diñeiro recadado destínase a viaxe de fin de curso.
Como ben sabedes a festa será organizada pola ANPA e contará con animación musical cun DJ (Disc Jockey) e mercadiño a cargo do alumnado de 6º de primaria.
A temática para disfrazarse será o teu grupo musical ou artista preferido. Pero se o/a voso/a neno/a prefire outro disfraz, pois por suposto pode disfrazarse do que queira.
Como a discoteca ten un aforo limitado teredes que anotarvos no seguinte enlace https://forms.gle/UThK9YUXAivNYYKT7 , ata o Xoves 12 de febreiro, dado como xa sabedes o aforo é limitado soamente poden asistir membros da familia, xa que as entradas serán nominativas.
Se a demanda de entradas supera ao aforo, terán preferencia as familias socias.
IMPORTANTE!!! Esta festa é gratuita para as familias socias. As familias non socias pagarán 5€ por entrada,
Animádevos a facer coreografías en grupo (nenas e nenos ou familias completas) usando música non discriminatoria, podedes apuntarvos no recadro que hai ao final e entregarllo ao voso titor ata o Xoves 12 de febreiro, atención entregalos datos soamente unha vez por cada grupo!!
Animádevos a participar na festa do entroido 2026!
Saúdos dende a ANPA do CEIP Illa Verde
No hay comentarios:
Publicar un comentario