Benqueridas
Familias
A festa
de Nadal será o mércores
10
de decembro ás 17:00 h. no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, e
rematará ás 19:30 h.
O
programa da festa require deste espazo para garantir unha temperatura
axeitada e poder desfrutar das actuacións que temos programadas.
Programa
completo de actos:
17:00 h
apertura de portas e comezo do mercadiño de Nadal a cargo do
alumnado de sexto de primaria, nel poderedes mercar agasallos de
artesanía, libros de segunda man, xoguetes e mais cousas.
As 17:30
h abrirase o acceso á sala de butacas, co fin de desfrutar das
actuacións dos alumnos e alumnas que participan nas seguintes
actividades:
Coro de
nais e pais
Teatro
Baile
moderno de primaria (Grupo extraescolar baile moderno Venres)
Actuación
do grupo de ximnasia rítmica I
Actuación
do grupo de ximnasia rítmica II
Cantos
de nadal nen@s de 4º e 5º de primaria do CEIP Illa Verde
Actuación
de baile galego
Sorteo
de agasallos organizado polas nenas e nenos da excursión de sexto
Maxia
O
auditorio ten un aforo de 800 prazas, polo que vos pedimos que
cumprimentedes a petición de entradas neste formulario online,
https://forms.gle/3wj9tHAgKXGNuBG68
sinalando o número de entradas que se precisan para nenos e para
adultos. Sinalar que as nenas e nenos que actúen tamén necesitan
entrada.
FAMILIAS
SOCIAS DA ANPA: Esta actividade é gratuíta para as familias socias
da ANPA.
FAMILIAS
NON SOCIAS DA ANPA: Esta actividade é gratuíta para as/os nenas/os
do CEIP Illa Verde, neste caso soamente pagarán os adultos e as/os
nenas/os que non pertenzan ao CEIP Illa Verde, neste caso a
actividade ten un custe de 2€ por persoa (As/os nen@s menores de 3
anos non pagan), o pago farase nas taquillas do auditorio.
O prazo
límite para anotarse será o 7/12/2025.
Así
mesmo, non debemos esquecer que a festa celébrase nun espazo
público, nun espazo de todos e que debemos contribuír co noso
esforzo e atención a coidalo e mantelo limpo.
Moitas
grazas de antemán pola vosa colaboración e un saúdo da xunta
directiva da ANPA do CEIP Illa Verde.