Foi realizado o pintado de actividades de chan nos patios de infantil e primaria subvencionada pola Área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo. Estes xogos de chan foron deseñados e executados pola deseñadora Azucena Pérez Souto. Estes patios coeducativos teñen obxectivo fundamental salientar a importancia de continuar traballando por unha coeducación plena e activa. Para iso, debemos orientar, estruturar e actuar no momento do recreo para que non se creen roles de xénero do xogo.


No hay comentarios:
Publicar un comentario