FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

16/11/25

Visita á granxa Sen Máis-As Vacas da Ulloa

 

As nenas e nenos do CEIP Illa Verde de 4º de Educación Primaria visitaron o martes 11/11/2025 as instalacións da granxa Sen Máis-As Vacas da Ulloa en Palas de Rei subvencionado pola área de medio rural e do mar e da mocidade da Deputación Provincial de Lugo no programa "da ESCOLA á GRANXA".

A granxa Sen Máis-As Vacas da Ulloa é un proxecto de emprendemento rural arraigado na constancia e vontade das dúas socias mozas ao fronte da sociedade. A elaboración dos seus produtos procede das súas respectivas granxas de leite ecolóxico con vacas de raza parda alpina e frisona. As tarefas son levadas dun xeito tradicional, porén a finalidade última é xerar o maior valor engadido do leite producido de excepcional calidade e propiedades organolépticas.

Teñen un taller integrado nas instalacións da granxa para producir iogur e leite pasteurizado, e tamén producen cosmética ecolóxica galega cunha base de leite cru de vaca acabado de muxir.

As nenas e nenos pasárono moi ben  e fixeron un roteiro informativo polos distintos espazos de traballo do proxecto para aproximar aos escolares ás características do modelo produtivo e tamén un taller relacionado co leite e a súa transformación. I+D+I no rural cunha mirada á valorización das producións gandeiras.





 




No hay comentarios: