FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

16/4/23

Desfile Arde Lucus 2023 MMXXIII

Benqueridas Familias

Os días 22, 23, 24 e 25 de xuño celébrase o Arde Lucus e o noso colexio participará de novo no desfile de colexios do domingo  (https://www.ardelucus.com/ )

Supoñemos que o concello un ano máis facilitará as teas de xeito gratuíto, para poder confeccionalos traxes para as familias. 

Pedímosvos que nos cubrades este cuestionario “online” para confirmar a vosa participación no desfile e para poder solicitar ao concello se necesitades teas de xeito gratuito.

https://forms.gle/6iWCmDEwBz8Y8bdJA 

coas teas que precisades para os vos@s fill@s e tamén os adultos. Se calquera membro da unidade familiar ten traxe doutros anos e non precisa tea poñede NON na pregunta de se necesitades teas.

Na Anpa temos xa estipulado por idade a tea que leva cada traxe, vos cubride ben os datos que se vos piden.

E importante lembrar que as teas solicitadas para facer os traxes son para asistir ó desfile do domingo.

 

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración e saúdo da xunta directiva da Anpa do Ceip Illa Verde

 

Prazo límite para cubrilo formulario ata o venres 28 de abril.

No hay comentarios: