FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

25/2/24

Muller e deporte

 Durante outubro de 2023 a ANPA do CEIP Illa Verde organizou xunto coa Iudoca internacional Sara Álvarez Folgueira do club iudo Lugo actividades de presentación do iudo, resaltando o papel das mulleres deportistas durante a xornada lectiva no CEIP Illa Verde.

Na actividade de muller e deporte participaron tódalas nenas e nenos do CEIP Illa Verde de 3 a 12 anos, xa que esta actividade fíxose en período lectivo. 

Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Lugo dentro das subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro, para proxectos destinados a actividades de interese social en materia de promoción da igualdade de xénero (incluída a erradicación das violencias machistas), da integración da muller e da diversidade afectivo-sexual do ano 2023.




24/2/24

Libros de Igualdade para a biblioteca


O Concello de Lugo concedeunos unha subvención para o compra de libros de igualdade para a Biblioteca do CEIP Illa Verde. Esta subvención está encadradada dentro das subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro, para proxectos destinados a actividades de interese social en materia de promoción da igualdade de xénero (incluída a erradicación das violencias machistas), da integración da muller e da diversidade afectivo-sexual do ano 2023.