As nenas e nenos do CEIP Illa Verde de 4º de Educación Primaria visitaron o martes 4/11/2025 as instalacións de Daveiga-Galletas mariñeiras subvencionado pola área de medio rural, do mar e da mocidade da Deputación Provincial de Lugo no programa "da ESCOLA á GRANXA".
Galletas Daveiga é unha empresa de economía social para a elaboración de tostas de pan “MARIÑEIRAS”, que son unha adaptación moderna do pan seco que utilizaban os mariñeiros desde o século XV, unha solución moi antiga dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas de forma natural.
As
nenas e nenos pasárono moi ben e visitaron o obradoiro, para ver o proceso de elaboración das Galletas Mariñeiras e explicaronlles aspectos do proxecto como Economía Social, Desenvolvemento Rural, Economía Circular (aproveitamento auga da chuvia, acumulación enerxética, aproveitamento de residuos orgánicos, etc).
E levaron un agasalllo dun lote de mariñeiras por cada nena e neno participante.

No hay comentarios:
Publicar un comentario