Benqueridas Familias
A festa de Nadal será o mércores 10 de decembro ás 17:00 h. no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, e rematará ás 19:30 h.
O programa da festa require deste espazo para garantir unha temperatura axeitada e poder desfrutar das actuacións que temos programadas.
Programa completo de actos:
17:00 h apertura de portas e comezo do mercadiño de Nadal a cargo do alumnado de sexto de primaria, nel poderedes mercar agasallos de artesanía, libros de segunda man, xoguetes e mais cousas.
As 17:30 h abrirase o acceso á sala de butacas, co fin de desfrutar das actuacións dos alumnos e alumnas que participan nas seguintes actividades:
Coro de nais e pais
Teatro
Baile moderno de primaria (Grupo extraescolar baile moderno Venres)
Actuación do grupo de ximnasia rítmica I
Actuación do grupo de ximnasia rítmica II
Cantos de nadal nen@s de 4º e 5º de primaria do CEIP Illa Verde
Actuación de baile galego
Sorteo de agasallos organizado polas nenas e nenos da excursión de sexto
Maxia
O auditorio ten un aforo de 800 prazas, polo que vos pedimos que cumprimentedes a petición de entradas neste formulario online,
https://forms.gle/3wj9tHAgKXGNuBG68 sinalando o número de entradas que se precisan para nenos e para adultos. Sinalar que as nenas e nenos que actúen tamén necesitan entrada.
FAMILIAS SOCIAS DA ANPA: Esta actividade é gratuíta para as familias socias da ANPA.
FAMILIAS NON SOCIAS DA ANPA: Esta actividade é gratuíta para as/os nenas/os do CEIP Illa Verde, neste caso soamente pagarán os adultos e as/os nenas/os que non pertenzan ao CEIP Illa Verde, neste caso a actividade ten un custe de 2€ por persoa (As/os nen@s menores de 3 anos non pagan), o pago farase nas taquillas do auditorio.
O prazo límite para anotarse será o 7/12/2025.
Así mesmo, non debemos esquecer que a festa celébrase nun espazo público, nun espazo de todos e que debemos contribuír co noso esforzo e atención a coidalo e mantelo limpo.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración e un saúdo da xunta directiva da ANPA do CEIP Illa Verde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario