Prezadas familias:
O sábado 4 de maio terá lugar no Parque de Santa Margarita da Coruña o Día da Ciencia na Rúa, organizada co apoio dos Museos Cientificos Coruñeses (MC2: Casa das Ciencias, Domus, Aquarium Finisterrae). Nesa xornada, diversos grupos de alumn@s de diferentes colexios galegos utilizarán os espazos do devandito parque para amosar expoñer os seus proxectos científicos.
A ANPA considera que esta iniciativa resulta de grande interese para os nosos rapaces e, neste sentido, estamos pensando na posibilidade de incluir esta actividade no programa de VISITAS CULTURAIS EN FAMILIA que levamos organizando este curso académico e o pasado. Sería posible mesmo contratar un autobús para a excursión cun custo por participante de arredor de 6-7 euros. Aínda queda tempo pero, para ir organizando as cousas, gustaríanos saber cantos de vós estaríades dispostos a vir e cantos estaríades interesados en utilizar o autobús para o transporte. Para que poidamos facernos unha idea sería ben que responderades este correo contestando, primeiro, se estades interesados na excursión e, segundo, na utilización do autobús para o transporte.
Sen máis, un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario