A ANPA organiza este trimestre dúas novas saídas dentro do Programa de Visitas en Familia:
- A primeira consiste na visita ao Parque Municipal de Bombeiros de Lugo, situado no Alto de Garabolos desta cidade. A actividade desenvolverase o vindeiro sábado 26 de xaneiro de 2013 a partir das 11 da mañán. O número máximo de nen@s que poden asistir é de 30.
- A segunda ten por destino o Parque Eólico Experimental de Sotavento (Xermade) incluíndo diferentes actividades para os rapaces relacionados coas enerxías renovables e a arquitectura bioclimática. Terá lugar o sábado 16 de febreiro entre 11:00 e 14:00. O número máximo de prazas ofertadas neste caso é de 60, sumados -iso si- nen@s e acompañantes. Dada a distancia ao lugar, arredor de 1 hora de viaxe, estamos pensando na posibilidade de reservar nalgún establecemento próximo para xantar por si as familias participantes estivesen interesadas.
Achegamosvos aquí o mapa para ir dende o colexio ata as instalacións de Sotavento:
Visualizar o mapa ampliado
No hay comentarios:
Publicar un comentario