FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

19/1/13

FESTA DE ANTROIDO: Programa

O vindeiro xoves 7 de febreiro terá lugar a partir das 16:30 da tarde a tradicional FESTA DE ANTROIDO organizada pola ANPA do CEIP Illa Verde nas instalacións do Colexio. Aproveitando o tema proposto dende o centro para as actividades deste curso, Meigas, meigallos e devanceiros, deseñamos una proposta que xira arredor do mundo das meigas, as fadas e outros seres fantasticos. Non obstante, debemos facer fincapé en que esta é unha proposta aberte e que, polo tanto, @s nen@s poderán participar na festa con outros disfraces do seu gusto sexan ou non da temática seleccionada.

O PROGRAMA DA FESTA é o que segue:
  • 16:30-17:30: OBRADOIROS de MAQUILLAXE e GLOBOFLEXIA XOGOS.
  • 17:30: DESFILE dos participantes por grupos segundo a seguinte orde: 
    • INFANTIL: fadas e trasnos.
    • 1º e 2º DE PRIMARIA: os animais do monte (bolboretas, esquíos, ratiños, lobos...).
    • 3º e 4º DE PRIMARIA: meigas e bruxos.
    • 5º DE PRIMARIA: seres fantásticos e do inframundo (trolls, biosbardos, gazafellos e cozorellos...)
    • 6º DE PRIMARIA: Taberna de Meigas e Bruxos. Durante a festa, os alumnos e as alumnas deste curso, que andan á procura de cartos para financiar a excursión de fin de etapa, abrirán na taberna o MERCADIÑO para vender productos de Antroido, cos que poderemos merendar, e outros artigos.
 

No hay comentarios: