FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!
PROGRAMA "SAÍDAS CULTURAIS EN FAMILIA" (3º trimestre do curso 2012-2013)
Estas son as actividades que temos previstas para o terceiro trimestre deste curso dentro do programa "Saídas culturais en familia":
- Crea o teu museo,
domingo 14 de abril no Museo Provincial de Lugo de 11:30 a 13:00.
Poderán participar ata 50 persoas incluíndo nais/pais e nenos/as. As
inscricións poderán realizarse a partir de mañán 13 de marzo e ata o
venres 22. É unha actividade gratuíta.
- Ciencia na rúa, sábado 4 de
maio no Parque de Santa Margarita de A Coruña. As actividades son
gratuítas e podería visitarse o Planetario da Casa das Ciencias. O
desprazamento poderá realizarse en autobús. O custo se hai un número
suficiente de demandantes será de 5 euros por persoa para as familias
asociadas á ANPA e de 8 para as non asociadas. O número máximo de prazas
é de 56, pero tamén podería efectuarse o traslado en vehículos
particulares. O xantar poderíase realizar no propio parque e cada
familia levaría a súa comida.
- Os Maios. Domingo 12 de maio de 11:30 a
11:30 da mañán. Trataríase de recoller material vexetal para a
construción do Maio que se realizaría ao día seguinte concidindo coa
festa do Día das Letras Galegas. A actividade é completamente gratuíta e
os participantes ó terían que levar sacos grande de lixo, tesoiras de
punta roma os nenos e coitelos os adultos.
- Granxa Garabullos, 1 de xuño de 2013.
Esta granxa é un espazo de actividades na natureza e en contacto con
animais domésticos onde as familias poden realizar actividades de
sensibiliación medioambiental e achegamento á vida rural. Aínda quedan
por pechar programa e, conseguintemente, prezos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario