FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

26/1/12

FESTA DE ANTROIDO.

Achégase o tempo de Don Carnal. Este ano, a ANPA decidiu asumir a responsabilidade de organizar a tradicional Festa de Antroido no CEIP Illa Verde e quere invitarvos a participar nela o vindeiro xoves 16 de Febreiro de 2012 a partir das 16:00 nas instalacións do Colexio. En función das condicións meteorolóxicas, as actividades programadas desenvolveranse no patio descuberto ou no pavillón polideportivo.
Xa que, neste curso académico , o Colexio está a traballar nun proxecto educativo sobre a Música, a ANPA quere contribuír a el tratando de integrar nunha proposta sinxela outro xeito de achegarnos a ela e de disfrutar diferentes estilos musicais. Por iso, elixíronse os seguintes xéneros para os disfraces e comparsas:
Educación Infantil. O Antroido tradicional: os peliqueiros.
• 1º e 2º de Educación Primaria: o rap e o hip-hop.
• 3º e 4º de Educación Primaria: o rock.
• 5º e 6º de Educación Primaria: o mundo do heavy e os moteiros.
A proposta pretende ser o máis aberta posible e, por iso, a nena ou o neno que o así o prefira poderá participar co disfraz que máis lle guste para disfrutar nesa tarde de festa.
Para orientar a elaboración do disfraz para os rapaces de Educación Infantil, ofertarase un obradoiro formativo que terá lugar os días 6 (luns) e 7 (martes) de febreiro na Aula de Relixión da planta baixa entre as 16:00 e as 17:00.
UN ANTROIDO MUSICAL
Programa
Dende 16:00 e ata as 17:00 desenvolveranse OBRADOIROS de MAQUILLAXE e GLOBOFLEXIA e, se se pode, haberá una pequeña ACTUACIÓN.
• A partir das 17:00 comezará o DESFILE MUSICAL dos participantes por grupos: peliqueiros, rapeiros, roqueiros, heavies e moteiros.
• Rematado o desfile, os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Primaria, que andan á procura de cartos para financiar a excursión de fin de curso, abrirán o MERCADIÑO para vender productos de Antroido, cos que poderemos merendar, e outros artigos.
Co fin de poder organizar un desfile músical, precisaríamos coñecer cal é o disfraz que lles gostaría poñer ese día, para poder poñer a máis axeitada banda sonora. Podedes pasar polo local da ANPA, para comunicarnos cal é o disfraz en caso de que as crianzas decidan escoller un tema diferente aos incluídos nesta proposta.

3 comentarios:

Alma dijo...

Hola,
¡Genial! Que nuestros niños no se queden sin carnaval! aunque a mí q me "tocan" 2 de infantil...ya estoy sudando pensando cómo hacer...así q contar con una patosa falta de maña para los talleres. ¿y si vais diciendo qué material hace falta, aparte de los botes de "actimel" o similar vacíos? Gracias y mucho ánimo

chorén vfr dijo...

Noraboa, facedes un traballo fabuloso. Ánimo.

Eva dijo...

Nosotros no podremos asistir a los talleres por cuestiones de trabajo. ¿Podríais poner alguna foto de un disfraz una vez lo hayáis hecho? Así nos haremos mejor una idea de cómo debería quedar. Muchas gracias!!