Xa que, neste curso académico , o Colexio está a traballar nun proxecto educativo sobre a Música, a ANPA quere contribuír a el tratando de integrar nunha proposta sinxela outro xeito de achegarnos a ela e de disfrutar diferentes estilos musicais. Por iso, elixíronse os seguintes xéneros para os disfraces e comparsas:
• Educación Infantil. O Antroido tradicional: os peliqueiros.
• 1º e 2º de Educación Primaria: o rap e o hip-hop.
• 3º e 4º de Educación Primaria: o rock.
• 5º e 6º de Educación Primaria: o mundo do heavy e os moteiros.
A proposta pretende ser o máis aberta posible e, por iso, a nena ou o neno que o así o prefira poderá participar co disfraz que máis lle guste para disfrutar nesa tarde de festa.
Para orientar a elaboración do disfraz para os rapaces de Educación Infantil, ofertarase un obradoiro formativo que terá lugar os días 6 (luns) e 7 (martes) de febreiro na Aula de Relixión da planta baixa entre as 16:00 e as 17:00.
UN ANTROIDO MUSICAL
Programa
• Dende 16:00 e ata as 17:00 desenvolveranse OBRADOIROS de MAQUILLAXE e GLOBOFLEXIA e, se se pode, haberá una pequeña ACTUACIÓN.• A partir das 17:00 comezará o DESFILE MUSICAL dos participantes por grupos: peliqueiros, rapeiros, roqueiros, heavies e moteiros.
• Rematado o desfile, os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Primaria, que andan á procura de cartos para financiar a excursión de fin de curso, abrirán o MERCADIÑO para vender productos de Antroido, cos que poderemos merendar, e outros artigos.
Co fin de poder organizar un desfile músical, precisaríamos coñecer cal é o disfraz que lles gostaría poñer ese día, para poder poñer a máis axeitada banda sonora. Podedes pasar polo local da ANPA, para comunicarnos cal é o disfraz en caso de que as crianzas decidan escoller un tema diferente aos incluídos nesta proposta.
3 comentarios:
Hola,
¡Genial! Que nuestros niños no se queden sin carnaval! aunque a mí q me "tocan" 2 de infantil...ya estoy sudando pensando cómo hacer...así q contar con una patosa falta de maña para los talleres. ¿y si vais diciendo qué material hace falta, aparte de los botes de "actimel" o similar vacíos? Gracias y mucho ánimo
Noraboa, facedes un traballo fabuloso. Ánimo.
Nosotros no podremos asistir a los talleres por cuestiones de trabajo. ¿Podríais poner alguna foto de un disfraz una vez lo hayáis hecho? Así nos haremos mejor una idea de cómo debería quedar. Muchas gracias!!
Publicar un comentario