- 8 envases de iogurt bebible( tipo actimel)
- garabanzos
- cordón resistente
- 1 cartulina para o sombreiro
- 1 bolsa de lixo branca
- Outras bolsas de lixo de cores
- 1 tesoira, celo e pegamento de barra.
Na cartulina branca, copias o debuxo da plantilla, a decoración corre por parte dos nenos/as.
Facemos unha tira coa cartulina, e grapámola, co medida da cabeza do neno/a.
Decoramos cunha tira de bolsa de plástico, arredor do sombreiro, e facémoslle cortes.
O CINTO:
Collemos os botes de iogurt e metémoslles uns poucos garabanzos, tapámolos con cinta de celo ou cinta de embalar, e atámoslles un cordón para penduralos dun cinto que teña o nosos neno ou nena.
O CORPO DO TRAXE:
Cunha bolsa de lixo branca, facémoslle, o burato da cabeza e dos brazos, e coas tiras de bolsas de cores, comezamos a pegalas con celo, dende abaixo, podémoslle poñer colores direrentes. Poñemos ata 4 ou 5 tiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario