FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

27/6/18

CARTA PRESENTACIÓN DA ANPA PARA AS NOVAS FAMILIAS

Prezadas familias.

A ANPA do CEIP Illa Verde quere dar a benvida as familias dos rapaces e rapazas de 3 anos que se incorporan por primeira vez ao colexio.

Somos nove persoas, nais e pais, as que imos formar a xunta directiva desta ANPA. Acabamos de recoller o relevo, e estamos igualiño cos vosos nenos e nenas de tres anos, ilusionados e tamén un chisco amedrentados pola enorme responsabilidade. Procuraremos facelo o mellor que poidamos, e sempre estaremos abertos a vosa colaboración e tamén as críticas construtivas.

Todos e todas imos a formar parte da comunidade educativa: profesorado, familias, persoal administrativo e de servizos. A nosa ANPA pretende xogar neste eido un papel fundamental contando coa contribución do maior número de familias posible. Non se trata só de desfrutar das vantaxes materiais que vos poida ofrecer a condición de asociad@s, senón tamén de participar e fortalecer o papel das familias no seo da comunidade escolar do CEIP Illa Verde e ante as administracións educativa.

A ANPA organiza e participa nas seguintes tarefas
  • Deseña as actividades para a conciliación da vida familiar e laboral ( do 15 de outubro ata o 31 de Maio, en horario de 16:00h a 18:00) ofertando unha ampla gama de actividades extraescolares.
  • As festas de Nadal, Entroido e fin de curso unha vez por trimestre organizamos en período non lectivo ( Sábados ou domingos) saídas en familia.
  • Temos un representante no consello escolar.
  • Mantemos reunións coa dirección do centro, co fin de coordinar e apoiar as iniciativas ou as melloras do centro.
  • Xestionamos as cotas de socios e presentamos un informe de ingresos e gastos anuais ós socios da ANPA.
  • Informamos a través da rede das actividades do centro e tamén outras exteriores.
  • Traballamos en rede coa Federación de ANPAs de Lugo (FAPACEL), organizando actividades conxuntas.
A cota anual de cada familia asociada, independentemente do número de rapaces, será de 30 euros incluíndo xa o seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes. Esta cota é fundamental para manter o servizo de Anpa, e gustaríanos pedirvos que na medida das vosas posibilidades, vos fagades socios. E se alguén quere colaborar ademais con traballo ou axudando en algunha tarefa, pois seredes benvidos.

A Xunta Directiva da ANPA do CEIP Illa Verde.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Como es el procedimiemto para darse de alta?

ANPA dijo...

Bos días! Perdoa a tardanza na resposta ás túas dúbidas e grazas por interesarte...Ao inicio do curso facilitarémosvos o formulario de inscricción como socio xunto con outras informacións:actividades,etc