A ANPA do CEIP Illa Verde quere dar a benvida as familias dos rapaces e rapazas de 3 anos que se incorporan por primeira vez ao colexio.
Somos nove persoas, nais e pais, as que imos formar a xunta directiva desta ANPA. Acabamos de recoller o relevo, e estamos igualiño cos vosos nenos e nenas de tres anos, ilusionados e tamén un chisco amedrentados pola enorme responsabilidade. Procuraremos facelo o mellor que poidamos, e sempre estaremos abertos a vosa colaboración e tamén as críticas construtivas.
Todos e todas imos a formar parte da comunidade educativa: profesorado, familias, persoal administrativo e de servizos. A nosa ANPA pretende xogar neste eido un papel fundamental contando coa contribución do maior número de familias posible. Non se trata só de desfrutar das vantaxes materiais que vos poida ofrecer a condición de asociad@s, senón tamén de participar e fortalecer o papel das familias no seo da comunidade escolar do CEIP Illa Verde e ante as administracións educativa.
A ANPA organiza e participa nas seguintes tarefas
- Deseña as actividades para a conciliación da vida familiar e laboral ( do 15 de outubro ata o 31 de Maio, en horario de 16:00h a 18:00) ofertando unha ampla gama de actividades extraescolares.
- As festas de Nadal, Entroido e fin de curso unha vez por trimestre organizamos en período non lectivo ( Sábados ou domingos) saídas en familia.
- Temos un representante no consello escolar.
- Mantemos reunións coa dirección do centro, co fin de coordinar e apoiar as iniciativas ou as melloras do centro.
- Xestionamos as cotas de socios e presentamos un informe de ingresos e gastos anuais ós socios da ANPA.
- Informamos a través da rede das actividades do centro e tamén outras exteriores.
- Blogue http://illaverde.blogspot.com/
- Facebook https://es-es.facebook.com/anpaillaverde/
- Páxina web CEIP Illa Verde http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipillaverde/
- Traballamos en rede coa Federación de ANPAs de Lugo (FAPACEL), organizando actividades conxuntas.
A Xunta Directiva da ANPA do CEIP Illa Verde.
2 comentarios:
Como es el procedimiemto para darse de alta?
Bos días! Perdoa a tardanza na resposta ás túas dúbidas e grazas por interesarte...Ao inicio do curso facilitarémosvos o formulario de inscricción como socio xunto con outras informacións:actividades,etc
Publicar un comentario