A Xunta
Directiva da Asociación de Nais e Pais do CEIP Illa Verde queremos un deseño
para o noso carné de socio/a, e decidimos facer un concurso para iso.
REGULAMENTO, REQUISITOS, CONDICIÓNS E BASES:
-Poderán participar
todos/as os/as socios/as.
-Cada
participante pode facelo con un deseño.
-Cada deseño
terá un titulo/nome posto polo/a creador/a, para poder identificalo/a á hora de
votar.
-O deseño debe constar de: unha frase
que debe poñer “ANPA ILLA VERDE” e espazo suficiente para poñer número de socio
e datos da familia.
-A Xunta
Directiva será quen decidirá o deseño gañador. Unha vez elixido poñerémonos en
contacto co gañador/a.
-O prazo de presentación será do 4 ao 9 de
outubro, ambos inclusive.
-O deseño será
remitido ao correo anpaillaverde@gmail.com
en formato dixital de alta resolución
(mínimo de 300 ppp), apto para a súa reprodución en alta calidade en imprenta.
-O
premio do/a gañador/a será un vale por
valor de 25€, obsequio de LIBRERÍA CAMPUS. A gastar en Librería Campus.
-O/A gañador/a do
concurso cede os dereitos do seu deseño a ANPA CEIP ILLA VERDE para a
utilización do mesmo.
-A participación
no concurso supón a aceptación destas bases.
Xunta
Directiva da ANPA CEIP ILLA VERDE
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario