![]() |
Atribución: :Clker-Free-Vector-Images CC-BY-SA, via PIXABAY |
Actividades extraescolares regulares, accións puntuais e festas mantéñense abertas a tódalas familias, pero cómpre tamén premiar a aquelas que por medio do pagamento da cota de soci@ posibilitan o funcionamento da ANPA. Esta cota anual por familia (independentemente do número de fill@s) mantense nos 30 €. As familias non asociad@s para poderen participar en calquera das iniciativas da ANPA deberán aboar unha cota de matrícula de 10 €. Ademais, a ANPA subvenciona con 4€ por por nen@, mes e actividade as familias asociadas.
Como veredes na documentación que se achega procurouse ampliar a oferta de actividades sen prescindir, en xeral, das impartidas o curso pasado.
Nas seguintes ligazóns podedes descargar os seguintes documentos:
- Información sobre as actividades extraescolares para o curso 2017-2018.
- Horario de actividades extraescolares curso 2017-2018.
- Pagamento de matrícula para as familias non asociadas.
- Inscrición e pagamento de cota para soci@s.
- Inscrición nas actividades extraescolares.
- Formulario e información sobre o servizo de comedor escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario