FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

8/9/17

Comezo do curso 2017-2018: presentacións e información da ANPA

O vindeiro luns 11 de setembro comeza o curso escolar no CEIP Illa Verde consonte o establecido no calendario oficial. Como sempre, a incorporación do alumnado será progresiva ao longo da mañá. A orde de presentacións será a seguinte:
  • 9:00, 6º de Educación Primaria.
  • 9:30, 5º de Educación Primaria.
  • 10:00, 4º de Educación Primaria.
  • 10:30, 3º de Educación Primaria.
  • 11:00, 2º de Educación Primaria.
  • 11:30, 1º de Educación Primaria.
  • 12:00, Educación Infantil 5 anos.
  • 12:30, Educación Infantil 4 anos.
  • O alumnado de Educación Infantil 3 anos incorporarase segundo o calendario de adaptación comunicado ás familias a partir das 12:30 horas do martes 12 de setembro.
A ANPA invita ás familias a participar nuns breves e sinxelos actos informativos sobre a súa actividade que terán lugar no Salón Multiusos do colexio ao remate das presentacións. Prévese que cada unha destas sesións informativas teñan lugar un cuarto de hora despois da hora de presentación: 9:15, 9:45, 10:15... e así sucesivamente.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Si las presentaciones duran lo mismo que otros años, creo que no va a dar tiempo para nada