FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

28/11/16

FESTA DE NADAL, 22 de decembro de 2016

[Dominio Público], vía PIXABAY
Entre as actividades programadas pola ANPA está o tradicional Festival de Nadal. Este ano 2016, a celebración terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire o vindeiro xoves 22 de decembro a partir das 17:00 horas. Actuarán nel o Coro da ANPA, os rapaces e rapazas de Baile Tradicional, Canto e Percusión, Ximnasia Rítmica, Teatro e Iudo. Ao remate das actuacións farán acto de presenza no escenario as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que, como sempre, virán cargados de agasallos para os nenos e nenas que asistan. Durante toda a tarde desenvolverase no vestíbulo do Auditorio un mercadiño organizado polos nenos e as nenas de 6º de Educación Primaria, que están a recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.

Lembrámosvos que tódalas actividades organizadas pola ANPA están cubertas por un Seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes e que conviría que as familias non asociadas que participen nelas deberían estar ao día no pagamento da correspondente cota (10€ por rapaz e ano).

Así mesmo, non debemos esquecer que a festa se celebra nun espazo público, nun espazo de todos, e que debemos contribuír co noso esforzo e atención a coidalo e mantelo limpo.

Para organizar a celebración, necesitaremos da vosa contribución a través dun donativo de 3 € por rapaz ou rapaza. Pedímosvos tamén que cumprimentedes o resgardo aquí achegado e llo entreguedes co donativo á mestra ou mestre dos vosos rapaces ata o 9 de decembro. Polas limitacións de espazo do Auditorio necesitamos tamén saber coa maior exactitude posible o número de asistentes. Por iso, establécense dúas quendas para a recollida das invitacións. Na primeira, ata o 16 de decembro, poderedes retirar as dos vosos nenos e nenas máis as dos pais (máximo 2 adultos por familia). Na segunda, entre os días 19 e 21, será posible recoller ata 2 máis por familia ata completar aforo.

2 comentarios:

Loli dijo...

Donde puedo ver el resguardo que hay que cubrir?

ANPA dijo...

Podes recollelo no local da ANPA no horario habitual de atención ao público. Procuraremos amplialo estes días. Un saúdo