Comunica a FAPACEL que este mércores 4 de xaneiro se asinou
a prórroga do contrato do servizo de comedor con VITAE "ata que a
Administración responsable se faga cargo" sinalando como data límite
desta ampliación a fin do curso 2016-2017.
Infórma tamen
que o Concello xa ten listo o prego de condicions para sacar a concurso
o servizo pero que a Xunta, administración competente nesta cuestión,
aínda non ten preparado o convenio polo que debería delegar a xestión dos comedores escolares no termo municipal de Lugo.
Cómpre sinalar que dende a
Consellería de Educación non contestou aínda ás peticións de reunión
cursadas pola FAPACEL dende setembro de 2017 para tratar a cuestión e e
que se solicitará no mesmo sentido unha xuntanza co actual Superdelegado
da Xunta na provincia de Lugo, Sr. Balseiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario