FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

10/4/16

Día da Ciencia na Rúa, 7 de maio de 2016


Este ano a ANPA apoia a participación activa do alumnado do CEIP Illa Verde nas actividades do Día da Ciencia na Rúa que se celebra no Parque de Santa Margarida da Coruña o sábado 7 de maio de 2016. Por iso acordamos organizar, para todos aqueles que así o desexen, o transporte en autobús á Coruña nese día. A hora de saída prevista será ás 9:30 da mañá dende diante do Colexio e a volta dende A Coruña terá lugar pola tarde, unha vez rematadas as actividades, ás 19:30. O prezo deste servizo será de 2 € por persoa (neno ou adulto) no caso das familias asociadas á ANPA e de 4 € para as non asociados.
Lembrámosvos que a responsabilidade sobre os rapaces e as rapazas participantes corresponde única e exclusivamente ás familias e que, polo tanto, todos eles e todas elas deberán ir acompañadas por alomenos un adulto.
A inscrición por parte dos interesados e as interesadas poderá efectuarse no local da ANPA no horario habitual de atención ao público entre os días 11 e 14 de abril de 2016, ámbolos dous inclusive.

No hay comentarios: