FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!
ARDE LUCUS
Novamente o Concello ofreceu á ANPA a posibilidade de participar novamente como colectivo no desfile do Arde Lucus. Asi mesmo ofrece tea e obradoiros para a realización dos traxes. Non obstante, a diferenza do ano pasado, o
ofrecemento das teas limítase ao alumnado de nova incorporación ao
colexio, isto é, aos rapaces e ás rapazas do primeiro curso de Educación
Infantil (3-4 anos), aos irmáns ou ás irmás de alumnos nacidos durante
os anos 2015 e 2016 e aos seus acompañantes adultos.
Cómpre,
polo tanto, que aqueles que estean nestas circunstancias e desexen
participar no desfile do Arde Lucus procedan a apuntarse axiña. A inscrición farase no local da ANPA no horario habitual de atención ao público entre os días 11 e 14 de abril de 2016.
Para maior información sobre o Arde Lucus deste ano, podedes consultar e descargar nesta ligazón o programa do Lvcvs Cvltvral ou botarlle unha ollada á súa páxina oficial, http://www.ardelucus.com/.
No hay comentarios:
Publicar un comentario