FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

5/11/15

Novas sobre horario de atención e actividades

Designed by freepik, CC-BY-3.0
Co obxecto de facilitar ás familias o acceso e dadas as disponibilidades de tempo d@s directiv@s e voluntari@s, a Xunta Directiva da ANPA do CEIP Illa Verde decidiu modificar o horario de atención ao público que, a partir da vindeira semana, quedará como segue:
  • Mañá: martes e venres de 9:00 a 9:30.
  • Tarde: martes de 16:00 a 18:00.
Aproveitamos tamén para comunicarvos algunhas novidades sobre as actividades extraescolares:
  • Baile Moderno: por razóns alleas á nosa vontade vémonos na obriga de anular esta actividade.
  • Barro: queda suspendida ante a falta de demanda. No seu horario, Ana, a monitora de Obradoiro de Creatividade e Pintura, ofrece un Obradoiro de Cor con cores, texturas e materiais diferentes. @s interesad@s poden inscribirse no local da ANPA no horario de atención ao público establecido.
  • Tenis de Mesa, Cooking para Educación Infantil, Escola de Emocións, Animación á Lectura e Metodo Nenoos 360 quedan definitivamente suspendidos por falta de demanda.
  • Xadrez: calquera nova incorporación tería que producirse no horario dos xoves de 17:00 a 18:00 horas.
  • Programación e Robótica: existe a posibilidade de crear un novo grupo sempre que teñamos unha demanda mínima de 9 nen@s os luns ou os martes de 17:00 a 18:00. Para poder configuralo sería necesario que fixérades a inscrición ou, se xa a fixerades, confirmarades o voso interese.
  • Coro: lembramos que se necesitan máis voces, tanto de nais e pais como de nen@s.

No hay comentarios: