- Domiciliación bancaria, para o cal teríades que ter cuberto o formulario ao efecto que acompañaba á ficha de inscrición nas actividades. Lembrade que o custo por recibo emitido que se vos repercutirá e de 0'25€.
- Ingreso na conta da ANPA en Caixa Rural, ES29-3070-0031-4260-9664-1029. Este poderá facerse vía transferencia, on line ou en efectivo. Comunicámosvos que a partir do 1 de decembro, Caixa Rural, igual que outras entidades financeiras, comezará a cobrar 1€ por ingreso en efectivo por terceiros (non clientes da Caixa).
- Pagamento en efectivo no local da ANPA no horario fixado para a atención ao público.

Cómpre
lembrarvos tamén que as familias non asociadas que participen nas
actividades, tanto as extraescolares diarias como as festivas, deberán
facer efectivo o pagamento da cota do Seguro de Responsabilidade Civil e
Accidentes contratado. Esta representa 10€ por rapaz e ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario