FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

23/4/15

XX Día da Ciencia na Rúa (9 de maio de 2015)

O vindeiro sábado 9 de maio de 2015 celebrarase no Parque de Santa Margarita da Coruña a XX convocatoria do Día da Ciencia na Rúa. Este certame ten como obxectivo o fomento da divulgación científica, sacando a ciencia que se fai nos centros educativos á rúa. Dado o interese que esta iniciativa ten suscitado entre as familias do CEIP Illa Verde en anos anteriores, a ANPA decidiu volver organizar unha excursión ata alí. O autobús sairía do colexio ás 10:00 da mañán e volvería ás 18:00 horas. O custo sería de 5 € por persoa no caso das familias asociadas e de 6 € no caso das non asociadas.
Lembrámosvos que ese día, é gratuíta a entrada nos tres Museos Científicos Coruñeses: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
Para o xantar, como en aos anteriores, cadaquén pode levar a comida para organizar un picnic no propio Parque de Santa Margarita. Se chóvese, este podería acontecer nas instalacións da Domus (a Casa do Home).
As inscricións para os que desexen utilizar o autobús realizaranse no local da ANPA, no horario habitual de atención ao público, a partir do luns 28 de abril.

Podedes informarvos sobre esta iniciativa na páxina web da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias da Coruña

No hay comentarios: