FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

17/4/15

Obradoiros ARDE LUCUS

 
Xa temos no local da ANPA as teas para a elaboración dos traxes do Arde Lucus. O vindeiro mércores 13 de maio estará no colexio entre as 16:00 e 19:00 a costureira contratada polo Concello para proceder ao corte e patronaxe. Para isto, require a colaboración dalgunhas persoas que se manexen algo nesas tarefas. Aínda que xa hai algúns voluntarios, é probable que necesiten algún relevo. Sería recomendable, polo tanto, que os interesados e as interesadas realizasen a súa inscrición no local da ANPA dende o luns 20 de abril no horario habitual de atención ao público.
Asimesmo, explorouse a posibilidade de encomendar a confección dos traxes a outra costureira a un prezo razonable (uns 10€). Deste xeito, se alguén esta interesado, sería conveniente que tamén nolo comunicase a partir do mesmo día 20 de abril no local da ANPA para comunicárllo.
Este é o noso deseño para os traxes para o Arde Lucus 2015
Por último, ofrécennos a posibilidade de organizar un obradoiro de complementos para o Arde Lucus o colexio se xuntamos un grupo de 15 persoas. A inscrición farase tamén no local da ANPÀ nos horarios de atención ao público ao longo da semana que vén (20 a 24 de abril de 2015).

No hay comentarios: