O DOG de hoxe, 1/10/2014, publica a Resolución do 19/9/2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de
eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes
sostidos con fondos públicos no territorio da Comunidade Autónoma Galega. Podedes consultar a norma premendo nesta ligazón.
Segundo o seu articulado, as Xuntas Electorais constituiranse entre os días 3 e 7 de novembro de 2014 e as eleccións de representantes dos diferentes sectores da comunidade educativa terán lugar entre os días 24 e 28 do mesmo mes.
Polo que toca ao CEIP Illa Verde, nesta ocasión cómpre renovar dous dos representantes das familias no Consello Escolar do colexio. Aínda que a LOMCE limitou significativamente as competencias do Consello ata deixalo case nun mero órgano consultivo, é desexable que as familias se impliquen neste proceso electoral e que aquelas nais e aqueles pais que o desexen presenten as súas candidaturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario