As fichas cumprimentadas deberanse entregar no local da ANPA no horario extraordinario de atención establecido entre mañán mércores 1 e o luns 13 de outubro de 9 a 9:30 da mañán.
Caso de que non poidades entregalo persoalmente poderedes utilizar a
caixa de correo que a ANPA ten na entrada do colexio en fronte da
Conserxería ou remitila por correo electrónico a anpaillaverde@gmail.com.
Dado que algunhas actividades obrigan a fixar un número máximo de inscritos cómpre establecer un procedemento para regular a admisión. Terán preferencia por orde de entrega:
- En primeiro lugar, aqueles que o fagan persoalmente no local.
- En segundo lugar, aqueles que o deixen na caixa de correo da ANPA;
- En terceiro e último lugar, aqueles que a remitan por correo electrónico.
Polo de agora, só se cobrarán as cotas de socio. Aquelas familias que desexen integrarse na ANPA poderán aboala pagándoa en metálico no noso local ou facendo un ingreso ou transferencia na nosa conta de Caixa Rural Galega.
Neste caso, faranse constar no concepto a expresión COTA DE SOCIO
seguida dos apelidos e o curso do rapaz ou a rapaza (exemplo: COTA DE
SOCIO BOYER PREYSLER 2ºEP).
No hay comentarios:
Publicar un comentario