FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

2/5/14

DÍA DA CIENCIA NA RÚA (A Coruña, sábado 10 de maio de 2014)

Como vén sendo habitual nos últimos anos, o vindeiro sábado 10 de maio desenvolveranse no Parque de Santa Margarida da cidade da Coruña, na contorna da Casa das Ciencias, as actividades do Día da Ciencia na Rúa. Trátase dunha interesante iniciativa, gratuíta e aberta a tódolos públicos, dende os máis cativos ata os adultos que inclúe un gran número de obradoiros e experimentos aos que tod@s podemos asistir e participar.
Calquera que así o desexe pode desprazarse pola súa conta. Pero este ano a Xunta Directiva da ANPA do CEIP Illa Verde decidiu contratar un autobús para que poidamos ir xuntos. Asimesmo, en función das previsións meteorolóxicas decidirase se o xantar o celebramos ao aire libre no propio parque levando cada familia a súa comida ou se contratamos algún restaurante nos arredores do parque. O prezo da viaxe en autobús será de 3€ por persoa para as familias asociadas e de 6€ por persoa para as non asociadas.

A saída do autobús para A Coruña está prevista o sábado 10 de maio ás 10:45 da mañán dende as proximidades do Colexio Illa Verde e a chegada a Lugo pola tarde ás 19:30.
Para máis información e inscribirvos nesta actividade podedes pasar polo local da ANPA no horario habitual de atención ao público.

 Podedes consultar a páxina web desta iniciativa premendo aquí.

No hay comentarios: