FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

19/2/14

VISITAS EN FAMILIA: a Granxa Arqueixal

Continuando co programa Saídas en familia, a ANPA decidiu pór en marcha unha nova iniciativa para o sábado 8 de marzo de 2014. Consistirá esta nunha visita á Granxa Arqueixal en Albá (Palas de Rei) incluíndo dúas actividades:
  • Antes, agora e despois, durante unhas 3 horas, pola mañán, os participantes poderán visitar tódolos recunchos da granxa, coñecer de primeira man os segredos da produción queixeira e achegarse ao mundo rural galego, ás súas posibilidades e á súa evolución dende comezos do século XX.
  • Xente de aldea, durante unhas 2 horas, pola tarde, os nenos e as nenas participantes converteranse en personaxes da aldea de Albá para vivir en primeira persoa os seus quefaceres e circunstancias cotiás.
As actividades comezarían ás 11:00 e rematarían ás 17:00. O número máximo de nen@s participantes é de 25. Os desprazamentos serán por conta das familias e o prezo da visita é de 15 euros por participante (tanto nen@s como adultos acompañantes) incluíndo o xantar. A ANPA subvenciona a visita aos seus asociados con 3 euros por participante polo que o prezo quedaría en 12 euros por cabeza.
 

@s interesad@s poderán incribirse no noso local a partir de mañán 20 de febreiro no horario habitual de atención ao público ata cubrir o total de prazas ofertado.
Achegámosvos o mapa coa ruta ata a Granxa Arqueixal dende o colexio:
Visualizar o mapa ampliado

No hay comentarios: