FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!
PROGRAMA VISITAS CULTURAIS EN FAMILIA: Granxa Garabullos
Para o sábado 1 de xuño de 2013 prevemos a realización dunha visita á Granxa-Albergue rural Garabullos (www.garabullos.com) ubicada en a Rega, 23, Sistallo (Cospeito) para realizar unha xornada de convivencia. Esta inclúe a participación dos pequenos en dúas actividades da Granxa, unha pola mañán e outra pola tarde, e un xantar para tódol@s asistentes consonte ás seguintes condicións:
- Prezo das actividades para os nen@s: 12 euros.
- Prezo do xantar:
- Menú infantil de prato único: 4 euros.
- Menú para maiores (2 pratos e postre): 7 euros.
Chegaríamos á Granxa Garabullos arredor das 11:00 da mañán. Polo tanto, habería que saír de Lugo a iso das 10:00-10:15.
Os interesados en participar poderán anotarse no local da ANPA a partir do martes 21 de maio no horario habitual de atención ao público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario