FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

6/5/13

FOLGA NO ENSINO PÚBLICO DO XOVES 9 DE MAIO DE 2013

Foi convocada para o xoves día 9 de maio unha folga xeral no ensino público convocada pola maioría dos sindicatos de ensinantes, as organizacións estudiantís e as principais federacións e confederacións de ANPAS do Estado, incluídas a FAPACEL, da que a nosa asociación forma parte, a CONFAPA Galicia e a CEAPA. Os recortes sufridos polo ensino público nos últimos tempos e o contido do proxecto Lei Orgánica de Mellora da Cualidade da Educación (a LOMCE, tamén coñecida como lei Wert) son as razóns fundamentais desta convocatoria.

A Xunta Directiva da ANPA do CEIP Illa Verde decidiu na súa sesión do venres 3 de maio unirse á convocatoria e recomendar ás familias do noso colexio que a secunden. Lembrámos que os rapaces e as rapazas de Educación Infantil e Primaria non teñen rexoñecido o dereito de folga e, polo tanto, as familias que así o decidan deberán xustificar a falta ante o centro.
Por esta razón, o xoves 9, non haberá servizo de atención ao público no horario habitual establecido ao efecto. No tocante, as actividades extraescolares, cada monitor decidirá libremente ao respecto.


As seguintes ligazóns aportan información sobre as razóns da convocatoria por parte dalgunhas organizacións asinantes:

No hay comentarios: