FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

17/10/12

FOLGA DE NAIS/PAIS CONVOCADA PARA O 18/X2012

Como moit@s xa saberedes, o Sindicato de Estudantes convocou para esta semana unha serie de accións de protesta contra os recortes no ensino público e os previstos cambios para o sistema educativo no anteproxecto da chamada Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (a LOMCE, tamén chamada lei Wert). Estas culminarían con 3 xornadas de folga para os días 16, 17 e 18 de outubro. A semana pasada, a CEAPA (Confederación Estatal de Asociacións de Nais e Pais de Alumn@s) anunciou a súa solidariedade con esta mobilización e decidiu secundar a folga o día 18 de outubro. A CONFAPA Galicia, organización galega integrada na CEAPA, apoiou esta decisión recomendando non levar ás rapazas e aos rapaces ao colexio. Pola contra, a Xunta Directiva da FAPACEL, federación provincial de ANPAS á que esta afiliada a nosa asociación, mandounos por correo electrónico o pasado 11 de outubro un comunicado sinalando:  "Esta federación non está de acordo con este tipo de medidas. Os menores non teñen recoñecido como dereito a folga, polo tanto, os que debemos protestar e manifestarnos somos as nais/pais como titores dos nosos fillos. Consideramos moi grave a situación actual do ensino en Galicia e que debemos rebelarnos contra isto pero a nosa forma de protesta debe ser coa nosa PRESENZA e APOIO e nas manifestacións que os distintos sindicatos de estudantes convocan para a semana que vén". Esta posición contraria a esta modalidade de protesta foi reiterada nunha nova mensaxe do día 15.

Estando así as cousas, resulta imposible dar unha orientación clara ao respecto pero si pode proporcionarse algunha información ao respecto para que cada que cadaquén actúe de acordo co seu criterio. Iso si, ninguén pode negar que os recortes nos servizos públicos, educación incluída, son unha realidade nin que algunhas das previsións do anteproxecto da LOMCE significan, en moitos aspectos, un forte retroceso.


Para isto, podedes botar man das seguintes ligazóns.


1 comentario:

Unknown dijo...

Outro enlace coa convocatoria da CONFAPA Galicia http://www.nontedurmas.org/IMG/pdf/Convocatoria_confapa.pdf