28/10/12
ACTIVIDADES: Patinaxe
Como en anos anteriores, a actividade de patinaxe volveu
presentar un problema de exceso de demanda xa que o número de rapaces
apuntados e o desigual nivel deles supera claramente as posibilidades
de atendelos correctamente por parte da monitora nas dúas horas
prefixadas. Por iso coidamos que a opción máis axeitada para resolver o
problema provocando o menor agravio posible sería incrementar a oferta
engadindo outra hora ou mellor outro monitor máis o mércores. Deste
xeito poderíase establecer nese día unha diferenciación entre 2 niveis,
iniciación e perfeccionamento, e mesmo permitir a incorporación dalgúns
participantes máis. Evidentemente, isto obriga á ANPA a contratar con
VITAE 1 hora/monitor máis á semana. Este complemento representaría un
custo de 22'50 euros/hora. Consideramos que o xusto sería repartir este
custo adicional entre tódolos rapaces apuntados. Feitas as contas, isto
representa un prezo anual de 15 euros por rapaz ou rapaza participantes
que deberíades aboar nun só pago na ANPA ao longo do primeiro trimestre.
Agardamos que este cambio e o conseguinte custo adicional non
represente para vós un grave problema e desexamos contar coa boa vosa
vontade e colaboración.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario