FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!
FESTA DE FIN DE CURSO 2011-2012
Estáse achegando a fin do curso 2011-2012. Igual cós anos anteriores, a ANPA pretende organizar unha FESTA DE CELEBRACIÓN E CONVIVENCIA aberta a tódolos compoñentes da comunidade escolar do CEIP Illa Verde. O acto terá lugar na tarde do xoves 21 de xuño de 2012 a partir das 16:00. Aínda que fican por concretar algúns detalles, o programa ficaría do seguinte xeito:
- Exhibicións dos diferentes grupos de actividades extraescolares: iudo, ballet, baile tradicional.
- Obradoiros de globoflexia e barro.
- Xogos populares tradicionais.
- Merenda.
A comezos da vindeira semana (11-15 de xuño) mandarásevos unha circular co programa definitivo. Nela pediráselle ás familias que fagan constar a súa intención de asistir e o número de persoas (nenos, nenas, nais, pais, amizades, parentes) que o farían co obxecto de poder organizar axeitadamente a merenda.
Dada a complexidade das tarefas de organización, montaxe e desmontaxe necesítase toda a axuda que se poida ofrecer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario