FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!
BORRADOR DE CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2012-2013
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de remitir ás organizacións sindicais do sector o BORRADOR de CALENDARIO ESCOLAR para o curso escolar 2012-2013. Segundo este documento, o curso escolar comezaría o 12 de setembro de 2012 en Educación Infantil e Primaria e o 14 en Educación Secundaria e remataría en ámbolas dúas etapas o 21 de xuño de 2013.
Os períodos vacacionais serían os seguintes:
- Nadal: 22 de decembro de 2012-8 de xaneiro de 2013, ámbalas dúas datas inclusive.
- Semana Santa: 25 de marzo de 2013-1 de abril de 2013, ámbalas dúas datas inclusive.
- Antroido: 11-12 de febreiro de 2013.
- Día do Ensino: 2 de novembro de 2012.
Ademais, igual que en cursos pasados, cada centro educativo poderá escoller a maiores outras dous días non lectivos procurando coincidir cos demais da súa localidade.
Podese descargar o borrador dende esta ligazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario