FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

26/5/12

ACTIVIDADES: Visita a AVIFAUNA

Seguindo co programa de visitas en familia durante este curso 2011-2012, a ANPA concertou para o sábado 9 de xuño unha visita ao Parque Zoolóxico Ornitolóxico AVIFAUNA, situado no lugar de Bravos no termo municipal de Outeiro de Rei. Temos a posibilidade de organizar dous grupos, un de mañá, a partir das 11:00, e outro pola tarde, a partir das 16:00. Cada un deles pode estar formado como máximo por 50 persoas, contando tanto rapaces e rapazas como pais e nais. Grazas ao convenio existente entre a FAPACEL e AVIFAUNA, a actividade non terá ningún custo para os participantes. Como en ocasións anteriores, terán que achegarse ao lugar polos seus medios e acompañar aos rapaces na visita.
Tódolos interesados na actividade poderán inscribirse no local da ANPA no horario habitual de atención ao público ata o venres 1 de xuño de 2012.

Páxina web de AVIFAUNA Lugo: http://www.avifauna.net


MAPA DA RUTA DENDE O COLEXIO:

Ver mapa más grande

No hay comentarios: