FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

29/4/12

ACTIVIDADES: Proxecto "Exploradores das rutas Terras do Miño"

A Deputación Provincial de Lugo, no programa que está a desenvolver polo X aniversario da Reserva da Biosfera Terras do Miño, organiza o Proxecto EXPLORADORES DAS RUTAS TERRAS DO MIÑO para o sábado 19 de maio. A actividade, destinada a rapaces e rapazas dos centros escolares da provincia, consiste nunha visita a Fonmiña, para coñecer o nacemento do río Miño, á lagoa de Cospeito e o seu Centro de Interpretación, a Finca Galea (Alfoz) para coñecer o aproveitamento da auga e o Museo e o Centro de Interpretación "Terras do Miño" en Lugo. O autobús sairá de Lugo dende a rúa Dinán ás 9:15 do devandito día 19 de maio de 2012. A actividade será completamente GRATUITA.
Para incribirse compre enviar debidamente cumprimentado o boletín de inscrición que vos achegamos na seguinte imaxe e facelo chegar por correo ordinario ou electrónico aos seguintes enderezos:
  • Correo ordinario: Deputación de Lugo-Departamento Lugo O2. Exploradores Terras do Miño. R/San Marcos nº8, 27001 LUGO.
  • Correo electrónico: terrasdomino@deputacionlugo.org

No hay comentarios: