FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

1/10/21

Subvención Secretaria Xeral de Igualdade. Consellería de Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia

 

No ano 2021 recibimos unha subvención no marco das axudas da   Secretaría Xeral da Igualdade da  Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia por un importe de 1850 €. A acción financiada pola “Sumar Forzas : Visibilizar Accións Encamiñadas A Igualdade De Xénero E  En Contra Da Violencia De Xénero” organizada pola ANPA do CEIP Illa Verde do ano 2021

 


Estas accións encádranse no eixe 1 do pacto de estado contra a violencia de xénero, que consiste en romper o silencio promovendo accións de sensibilización na sociedade e previndo a violencia de xénero mediante o desenvolvemento de accións dirixidas a concienciar a toda a sociedade sobre os danos que provocan a desigualdade e as condutas violentas e contribuír a concienciar sobre a magnitude do problema da violencia. contra as mulleres e as consecuencias que ten para a vida das mulleres e dos seus fillos. Estas accións terán como principais destinatarios a nenos e nenas, adolescentes, mozas e mozos, para que interioricen a igualdade como un valor esencial para a convivencia entre mulleres e homes.

As actuacións realizadas foron

·       Panel e mural  “Somos Iguais”

·      Libros para a biblioteca do  CEIP Illa Verde e maleta viaxeira

·       Bidóns e portabocadillos co lema “A educación é a base para a igualdade”

·       Cartel para a biblioteca do CEIP Illa Verde

·       Guía de coeducación

 

 

 

·       Panel e mural  “Somos Iguais”

Dentro do tempo lectivo fíxose un traballo acerca da igualdade e tódolos cursos e seleccionáronse dous traballos para plasmalos en dous murais co fin de que o traballo realizado polos alumnado e profesorado quede visible de forma permanenente en dous murais no centro educativo.

Este traballo realizouse ao longo dos meses de marzo e abril de 2021, e grazas a que puidemos facer este traballo.

A asociación mil cores de Lugo, desenvolveu a actividade de realización do mural cos nenas e nenos acompañados polo profesorado e a deseñadora Azucena Pérez Souto converteu os deseños dos nenos nun mural en cartón pluma colgado nas paredes do centro.

Na actividade participou as nenas e nenos do CEIP Illa Verde (475 nen@s)

 


 



 

 


 

Libros para a biblioteca do  CEIP Illa Verde e maleta viaxeira

Parte dos libros mercados irán ao fondo da bilioteca do CEIP Illa Verde e outra parte irá nas maletas do programa “maleta viaxeira” co que se consigue que unha parte de estes libros cheguen a tódolos fogares dos nen@s do colexio.

A lista de libros mercados é a seguinte

·         Con tango son tres

·         Viste cómo vestía víctor?

·         Yo voy conmigo

·         Yo soy

·         Cenicienta liberada

·         Familias fabulosas

·         Gran viaje de las familias extrao

·         Guerreiras de lenda

·         Las chicas van donde quieren

·         El cromosoma de beatriz

·         Kike y las barbies

·         Igualdad con simone de beauvoir

·         Nadie quiere jugar conmigo

·         Kiwi

·         Mamá, quero ser ziggy stradust

·         Cuentos de buenas noches para

·         Galofoguete

·         El lenguaje secreto de las piedras

·         Daniela e as mozas piratas

·         A ovella que chocou un ovo

·         Fronteiras de papel

·         Monstro rosa

·         gran libro dos superpoderes

·         Leopoldo, o pequeno monstro

·         Tu hogar en cualquier sitio

·         Pequeño azul y pequeño amarillo

·         El color de tu piel

·         Un hada diferentes

·         Ate as princesas soltan peidos

·         Por cuatro esquinitas de nada

·         Pepita es especial

·         Cuando las niñas vuelan alto

·         Vivan as uñas de cores!

·         Las chicas y chicos también pueden!

·         Marta e a píntega

·         Familiarium

·         Primeira semana na escola de vacas

·         Rosa caramelo

·         Teño dúas casas

·         Unha chea de familias!

·         Una familia normal

·         Grisela

Bidóns e portabocadillos

A cada neno do ciclo de infantil e de 1º e 2º de educación primaria entrégaselle un portabocadillos, e para 3º e 4º de Educación Primaria un bidón, ambos agasallos co lema “A educación é a base para a igualdade”


Na actividade participou as nenas e nenos do CEIP Illa Verde do ciclo de infantil, e 1º, 2º, 3º e 4º do ciclo de primaria (375 nen@s)

 Cartel da biblioteca do CEIP Illa Verde

Deseñouse e imprimiuse un vinilo de 60 * 80 cm para a ventá da biblioteca. Esta acción ten como obxectivo desta acción é dar visibilidade a importancia da educación nos procesos de prevención da violencia de xénero e promover a igualdade.

O deseño non busca identificar xéneros coa vestimenta

 

Guía de coeducación

Impresión de 50 exemplares de “Educando hoxe ás persoas de mañá guía sobre coeducación para familias”, esta guía foi elaborada por psicóloga experta en educación, Laura Pardeiro Álvarez. Estas guías estarán na biblioteca do CEIP Illa Verde e tamén se puxeron nas maletas do programa “maleta viaxeira” co que se consigue que unha parte de estes libros cheguen a tódolos fogares dos nen@s do colexio.

Esta guía pode descargarse desde esta ligazón Guía Coeducación

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No hay comentarios: