FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

23/10/21

VOLTAN OS ROTEIROS!!! O DOMINGO 24 COMEZAMOS!!

 A Anpa informa: ademais das actividades extraescolares das que vos fomos informando este ano queremos retomar a actividade de ROTEIROS. 

A diferencia doutros anos, para evitar aglomeracións, levarase a cabo a actividade para familias só do Illa Verde. Trátase dunha actividade para realizar en familia ao aire libre.

Dado que estamos no ano Xacobeo decidimos facer o Camiño de Santiago desde Lugo. Temos as etapas e días fixados pero por tema de organización gustaríanos saber de anteman as familias interesadas en participar (a actividade é gratuita e temos que organizar temas de coches ao ser recorridos lineais). Por iso pedimos que vos anotedes o antes posible.

As 9 etapas están pensadas nos senos, sendo distancias de 10km aproximadamente nas que se farán as paradas necesarias para que todas e todos as poidan ir completando.

Para os máis peques intentaremos facer etapas máis axeitadas. A primeira, para os de infantil e primeiros ciclos de primaria rematará no fluvial.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!



PREME AQUÍ PARA INSCRICIÓN

No hay comentarios: