FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

6/5/13

FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2013

O luns 13 de maio celebrarase nas instalacións do Colexio a Festa das Letras Galegas e a celebración dos Maios entre as 16:30 e as 18:30. Polo tanto, ese día non haberá a actividade extraescolar de Patinaxe que tódolos luns ten lugar no Pavillón a partir das 16:00.
Aproveitamos tamén para convocarvos para o domingo 12 de maio para participar na recollida de material vexetal para a decoración dos maios a partir das 11:30 da mañán no Paseo do Río Rato. O punto de encontro para comezar a recollida será o aparcadoiro próximo ao Restaurante "Terras do Miño" situado á beira do río. Os interesados só terán que levar unha bolsa grande para a recollida do material vexetal. Contamos convosco.
 

No hay comentarios: