FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

30/4/13

PROGRAMA SAÍDAS CULTURAIS EN FAMILIA: Exposición "Neolítico: de nómades a sedentarios"

A partir de hoxe e ata o 30 de maio, se desenvolverá na Praza Horta do Seminario a exposición da Obra Social La Caixa Neolítico: de nómades a sedentarios. Concertamos unha visita con guía para dous grupos de 25-30 persoas (incluíndo nen@s e adult@s) para o sábado 25 de maio de 2013. O primeiro deles entraría ás 11:00 e o segundo ás 13:00. A visita e totalmente gratuita e durará arredor de 1 hora. Os interesados nesta actividade poden inscribirse no local da ANPA no horario habitual de atención ao público facendo constar os seguintes datos:
  • Nome e idade d@s nen@s.
  • Número de adult@s acompañantes.
  • Teléfono de contacto.
 Podedes consultar toda a información sobre esta exposición premendo aquí. Desta ligazón podedes descargarvos o folleto informativo e o dossier da exposición.

No hay comentarios: