FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

25/11/10

CONSELLO ESCOLAR: Resultados eleccións 2010

Estaban xa publicados no colexio os resultados das eleccións a representantes no Consello Escolar do sector de nais/pais de alumn@s. Dos 587 rexistrados só foron votar 76 nais e pais. Houbo 2 votos nulos e outros 2 en branco. As votacións acadadas por candidat@ foron as que seguen:

Benigno Ruíz Nogueiras: 8 votos
Fe Castro González:17 votos
Ignacio Díaz-Maroto Hidalgo: 14 votos
Jorge Dafonte Dafonte: 19 votos
Luis Suárez López: 3 votos
Mª. Paz Lorenzo Villamarín: 11 votos

Segundo o establecido na convocatoria, serían os dous candidatos máis votados (Jorge Dafonte e Fe Castro) os novos representantes do sector nais/pais no Consello.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Quenes serían entón os nosos representantes no consello?

ANPA dijo...

Jorge Dafonte e Fe Castro, os dous candidatos máis votados

Luís dijo...

Parabens a Jorge e a Fe e tamén para as demáis persoas que presentaron candidatura. É moi importante que como colectivo nos impliquemos na educación das nosas crianzas.
Un saúdo