A ANPA, a Dirección do Centro e a Fundación Preescolar na Casa pretendemos organizar no CEIP Illa Verde o Espazo da Familia Xuntos para crecer, un encontro de pais, nais, crianzas e profesionais para promover a reflexión educativa e a mellora da competencia persoal por medio do diálogo e goce conxunto do tempo. Convidamos aos pais e nais dos rapaces e rapazas dos niveis de Educación Infantil a participar nunha xuntanza na que se explicarán máis amiudadamente os obxectivos e contidos deste espazo. A reunión terá lugar no colexio este xoves 25 de novembro a partir das 17:00
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario