As nenas e nenos do CEIP Illa Verde de 5º de Educación Primaria visitaron o xoves 23/10/2025 as instalacións de Milhulloa en Palas de Rei subvencionado pola área de medio rural e do mar e da mocidade da Deputación Provincial de Lugo no programa "da ESCOLA á GRANXA".
Milhulloa é unha cooperativa de marcado carácter feminino enfocada á produción de herbas medicinais en ecolóxico. Elaboración de infusións, especias, grelos e outras hortalizas deshidratadas e conta con obradoiros de cosmética natural.
As nenas e nenos pasárono moi ben e fixeron un taller sensorial de plantas e elaboración dun dentífrico co extractos medicinais, e tamén unha cata de especias e infusións.

No hay comentarios:
Publicar un comentario