FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

25/11/24

Verbas pola igualdade



No noso cole temos un rocódromo, e pensamos en deseñar xunto coa monitora de creatividade un mural con verbas para a igualdade e a tolerancia. E deseñamos unha máquina que transforma esas verbas horribles en verbas fermosas.

As nenas e nenos serán os encargados de facer esa escolma de palabras, e coa axuda da monitora e en período lectivo, farán o mural, co fin de deixar constancia de que no deporte as mulleres pintamos moito.

Esta actividade fíxose para conmemorar o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Lugo, Concellería de Muller, Igualdade e Inclusión (Servizo de Igualdade).

 



 
 




No hay comentarios: