FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

9/11/19

3º ROTEIRO pola Comarca AS ACEAS-SARRIA, O Domingo 17 de novembro

Desta volta, camiñaremos polo bosque da Foz das Aceas, á beira do río Sarria, por sendas entre castiñeiros, salgueiros e ameneiros vestidos de outono. Descubriremos vellos muíños e fermosas presas entre pasarelas de madeira. Xa pola tarde, faremos unha visita ao MUVICLA, o museo da maquinaria agrícola en Trasliste (Láncara). A visita será ás 16.30h, polo que as familias que o desexen terán que estar a esa hora na entrada do MUVICLA. O prezo da visita é de 3,5 euros por persoa, e para os menores de 5 anos, de balde.
Boa camiñada.

No hay comentarios: